Hoxe o conocer os presupostos do Goberno de ZP pra Vigo temos que retrotraernos a obra de Víctor Hugo: "Os Miserables". Dende o CDL de Galicia non podemos facer outra cousa máis que calificar de “miserables pra Vigo” os presupostos do Estado.
Estes supoñen unha vez máis un retraso pra as expectativas do progreso da cidade en tanto que a maioría dos proxectos estructurais quedan afastados. Deste modo Vigo segue sendo a gran sacrificada e continúa un ano máis sen acadar inversións.
Non se amosan apostas de innovación e isto non demostra outra cousa co nulo peso político do noso Alcalde dentro das ringleiras da sua formación e a sua cobardía por non pedir o que a nosa cidade lle corresponde casi por débeda histórica.
Neste próximo ano os vigueses sufrirán como os demáis cidadans do Estado a indigna política impositiva do executivo Zapatero pero sen recibir nada a cambio.
Estes supoñen unha vez máis un retraso pra as expectativas do progreso da cidade en tanto que a maioría dos proxectos estructurais quedan afastados. Deste modo Vigo segue sendo a gran sacrificada e continúa un ano máis sen acadar inversións.
Non se amosan apostas de innovación e isto non demostra outra cousa co nulo peso político do noso Alcalde dentro das ringleiras da sua formación e a sua cobardía por non pedir o que a nosa cidade lle corresponde casi por débeda histórica.
Neste próximo ano os vigueses sufrirán como os demáis cidadans do Estado a indigna política impositiva do executivo Zapatero pero sen recibir nada a cambio.
OS PRICIPAIS PROXECTOS
Aeroporto de Peinador:
A inversión prevista en 2010 é excrusivamente pra aparcadoiros. Fai dous anos anunciábase a bombo e platillo o Plan Director. Falábase por aquel entón de 40 millóns de Euros que farían de Peinador e de Vigo un espazo punteiro no tráfico aereo e no tránsito de persoas, e que estas macroinversións iban a incrementar o volumen económico. A realidade da inversión apenas supera os 640.000 euros.
Simplemente poñamos en comparativa as cifras de Lavacolla e Alvedro. No primeiro aeroporto, so unha terminal, costará a frioleira de 32 millóns de euros. E no aeroporto coruñés se investirán 28 millóns. Desde logo, que o CDL VIGO congratúlase pola sorte destas cidades pero Vigo merecía un trato de igualdade.
Biblioteca.
A película AGORA ambéntase en Vigo. As ordas socialistas queimando o proxecto de biblioteca que supostamente no 2009 tiña un investimento de 1.350.000 euros e unha previsión para 2010 de 3 millóns e máis alá no 2011 de 3.150.000.
Tras que Abel Caballero abrira as portas dende adentro os calculistas de Elena Salgado van a deixar os vigueses sen leer. En 2010, teremos 40.000 euros que non dan nen pra comprar libros o peso.
Depuradora.
Aquí temos un bloqueo sistemático do Partido Popular en canto a concesión de terreos. Co caso Gürtel vese que a o PP non lle chistan as depuradoras.
Pero Sr. Caballero non se esqueza de que vostede tiña máis de 100 millons de euros neste ano pra escomenzar os traballos; e consideramos que vostede entretívose a posta pra prorrogar a obra porque todos sabemos o que pasa en 2011. Non é o Festival de Eurovisión. O que vai a dar o cante e Vostede cas inversión electoralistas de última hora.
Instituto de Investigacións Mariñas.
Encheron os ollos de chiribitas os vigueses co fastuoso e faraónico Instituto de Investigacións Mariñas. Pois con 100.000 euros teremos que votarlle a mesma imaxinación que co Instituto de Investigación Foto-atómica de Mazinger Z. Unha vez máis Sr. Alcalde demóstrase que é Vostede o Home dos Proxectos Imposibles.
A Cidade do Mar.
Nesa mesma tese temos co que vai a suceder ca "cidade do mar". Dende a Xunta anunciábase que "non hai nin un só documento para a Cidade do Mar".
Vigo aberto o mar e a dia de hoxe 40 bloques de cemento na primeria liña da Rua de Beiramar e pola noite unha casa de lenocinio multiracial.
Parque Nacional das Illas Atlánticas
Está claro cos dirixentes do PP e do PSOE so se acordan das aves attlánticas cando as gaivotas lles rouban os seus pinchos de tortilla nas terrazas. Pra 2009 tiñan 1.900.000 e pra 2010, 2.000.000. Agora, 536.000 euros.
Consorcio da Zona Franca.
Presuposto "0" pra maioría das zoas industriais de Vigo.
Infraestructuras e viarios.
Autovía Vigo-Touriño o Autovía da Morte: “1 millón de euros" que non chegan nen pra pagar os ataudes da xente que morre nesta terrorifica estrada cada ano. Eso si, dará pra meter 3 ou 4 radares máis e recaudar en multas como 20 veces máis desa inversión.
Ampliación AP-9. 10.000 euros. Sen comentarios.Vigo-Pontevedra: Sen consignación.
Respecto o AVE pois Ave María e a rezar pra que a Pepiño Blanco se lle rompa o seu coche viñendo de camiño dende Madrid a seu chalet de ensono e teña que tomar un tren. Así verá o que hai.
VISIÓN DO CDL
Neste apartado non vamos a alumear o que nos parecen os presupostos do Goberno pra este ano. A vista está que se basan no afán recaudatorio en contraposición ca parálese de iniciativas que podan sacarnos da crise. O marxen disto pensamos que os cartos seguense a despilfarrar en tonterías como os carteis do PLAN E.
O que si diremos e que Vigo sae enormemente perxudicado, como en liñas xerais sae Galicia nestes presupostos.
En consecuencia o CDL presentou fai catro anos unha serie de proxectos no seu programa electoral que sinceramente parécennos máis realistas e necesarios ca tocata e fuga presupuestaria do Goberno Central.
Dende a nosa posición pedimos ante todo responsabilidade a clase política. O PSOE excedeuse nas promesas que non pode cumprir nen pra Vigo nen pra case ninguen, pero a feble figura de Caballero sublima esta situación.
O PP fai demagoxia cas cifras, e compórtase como si foran eles os que tivesen na man facer os proxectos e fose o PS de G que os estragase.
jOSÉ MANUEL PALACÍN Y RODRÍGUEZ
No comments:
Post a Comment